Kiko González | Emprendedor medioambiental · O coidado do patrimonio natural como camiño a un rural próspero, vivo e sostible | #4
Description
Entrevistamos a Kiko González, emprendedor medioambiental e experto en xestión do rural, cuxo traballo se centra en devolverlle a vida á terra e aos montes galegos. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2023, a súa iniciativa de recuperación de soutos de castiñeiros abandonados mostra un camiño cara a unha economía digna e sostible. Unha conversa que afonda no seu propósito de vida e na importancia de coidar o noso patrimonio natural.
| Sobre As follas novas.
Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo.
| Sobre ensaia.
Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós na nosa web: ensaia.com
#medioambiente










